I Xornada "SéMente Voando"

O vindeiro domingo 17 marzo, terá lugar a 
I Xornada de SéMenteVoando! 
Está dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 5 e 13 anos, que poden estar, ou non, acompañados polos seus pais.

Programa:

11:00h. Presentación e sesión práctico-didáctica na ecohorta.

12:30h. Dinámica "Creando vínculos cos animais" na que os máis cativos realizarán tarefas de coidado e alimentación dos nosos ponis.

13:30h. Tempo libre para que os nenos xoguen no parque.

14:00h. Comida familiar en A Braña, Restaurante & Bar.

15:30h. Obradoiro de Xabón Natulóxico, feito a man.

17:00h. Gran sorteo dunha estancia en Cabanas da Ría con almorzos incluídos, entre todos os participantes da xornada!!

Prezos da xornada coa comida:

*20€/ 1 nen@
*35€/ 2 nen@s da mesma familia
*15€/ Adulto (xantar)
Dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 5 e 13 anos
que poden estar ou non, acompañados polos seus pais.

Reserva a túa praza no Tf: 696 029 810