Manipulando limóns fixemos LIMOADA e outros BATIDOS



Queridos xermoliñ@s! Lembrades que o curso pasado traballamos nun proxecto titulado DESFROITARTE: O SABOR DAS EMOCIÓNS?
Pois ao longo do curso 2018/19 medraremos un pouquiño máis dentro do plan PROXECTA. Xermoliño segue latexando dentro de nós. Está máis vivo que nunca. Iremos evolucionando no mundo dos proxectos educativos de maneira conxunta mestres/as e alumn@s.
A temática continúa centrada na alimentación. Como novidade decidimos incluír a hixiene na cociña achegando aos alumn@s no mundo da manipulación de alimentos.
O título do proxecto actual é o que aparece na cabeceira do blogue.
Estamos na saída do maratón do curso. O obxectivo será chegar a meta adquirindo novos coñecementos.
Ao longo do verán tamén estivemos traballando :-) sobre alimentarse ben e atopamos varias ramas polas que seguir innovando. Unha delas é a que estamos expoñendo neste blogue. As imaxes que preceden o texto son froito do traballo do SUMMER CAMP '18 do cole.
Nos próximos días comezará o curso e con el o interese por saber...