A idea de
plantexarnos que os alimentos están vivos ten un dobre sentido. Están vivos
porque son seres vivos, xa sexan animais ou plantas. Teñen vida porque cumpren
as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. Posto que falamos
de alimentos, é dicir comida, no momento de ser inxeridos poden estar ou non
vivos. Esto depende do tipo de alimento e sobre todo do ser vivo que o vai a
consumir. Os animais salvaxes aliméntanse doutros animais vivos. O home acostumouse
a cociñar os alimentos. A excepción son a maioría das froitas que se consumen
crúas.
Por outro lado no
proxecto do ano anterior (17/18) fixemos que unha serie de alimentos cobrasen
vida, no sentido de animalos. Tratábanse de mascotas en oito cores distintas
que dotamos de vida: ollos, nariz, boca, brazos, pernas…
En resumo VIDA de
SER VIVO e vida de PERSONAXE ANIMADO.
A pregunta de:
DEIXARANSE MANIPULAR? Tamén xoga ao dobre sentido. Manipular de tocar, coller,
cortar… e manipular de deixarse convencer para mostrar unha cara máis amable
(mediante a publicidade). Nos anuncios publicitarios manipúlanse físicamente os
alimentos para que semellen ser mellores.
Ás veces tamén manipulamos
alimentos privándoos dos seus nutrientes orixinais. Deixan de ser tan naturais
ou sanos como ao principio. Manipular como sinónimo de cociñar é un xeito
bastante acertado para loitar contra as enfermidades que se transmitan mediante
alimentos vivos.
Os alimentos ás
veces déixanse manipular pero nós tamén. Mediante a publicidade engañosa ou a
manipulación durante o cultivo.
Queremos alimentos
sanos e naturais. Non queremos que se deixen manipular.
Este ano queremos
apostar pola influenza entre distintos seres vivos dentro do seu hábitat. Crear
ecosistemas onde a flora e a fauna sexan as protagonistas.
Estudaremos a
relación entre o movemento da terra (translación) que propicia as distintas estacións
do ano, e os produtos característicos de cada unha delas.
Elexiremos catro
árbores distintas e contemplaremos os cambios que se producen nelas ao longo
das estacións.
O traballo na etapa
de EI será a de estudar as distintas árbores ou froitas:
3
ANOS:
LARANXEIRO (laranxas, flores do laranxo, tronco…).
4
ANOS:
CASTIÑEIRO (castañas, follas do castiñeiro, tronco…).
CABAZAS
(sementes, plantación…).
5
ANOS:
CIROLEIRA (cirolas, flores da ciroleira, tronco…).
CEREIXO
(cereixas, flores do cereixo, tronco…).
En EP de 1º a 3º
traballarán sobre a FAUNA elaborando distintos animais con materiais de
refugallo:
1º
EP:
Animais aéreos.
2º
EP:
Animais acuáticos.
3º
EP:
Animais terrestres.
De 4º a 6º de EP
farán traballos en papel e/ou en formato maqueta:
4º
EP:
Ciclo da auga.
5º
EP:
Reciclaxe (tipos de contenedores…).
6º
EP:
Minimizar a contaminación dos alimentos + Hixiene persoal e alimentaria +
Publicidade alimentaria